ConcellosLaroucoÚltima hora

Os veciños de Larouco reciben aos Reis Magos e aos seus paxes

 

Despois de que durante moitos anos os Reis Magos de Oriente pasaran polo Concello de Larouco pola noite sen ser vistos, este ano e coa colaboración da Asociación Elena Morana, na tarde deste xoves 5 de xaneiro, os veciños daban unha cordial benvida ás Súas Maxestades.

Despois de visitar a residencia de maiores e co acompañamento musical de Abertal, Melchor, Gaspar e Baltasar chegaban ata o adro da igrexa para repartir caramelos e agasallos. Tamén houbo torta de roxóns para todos.

Dende o Concello agradecen á asociación e a todos os veciños e veciñas de Larouco “pola súa inestimable colaboración na organización desta celebración. O seu apoio é inestimable e sen eles non sería posible”, aseguran.

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button