Cun total de once, a deste sábado 9 de marzo é a edición dos Cantos de Taberna con máis grupos participantes de todas as realizadas e xa van sete.
Os grupos que comezaban a tocar preto das 19 horas veñen dende diversos puntos da provincia de Lugo e da de Ourense. Foliada de Bosende (Bosende), Son do Mao (Bóveda), O recanto (Quiroga), Estoupafoles (Pobra de Brollón), Corenta e Chinco (Pobra de Brollón), Minestrales (Monforte de Lemos), Abertal da Rúa (A Rúa), Macizas Centrais (Trives), Eí os veñen (Ourense), Os Tarabelos (O Saviñao) e Nubeiro Son Galego (Lugo).
Nesta VII edición dos Cantos de Taberna de Quiroga mantense a iniciativa posta en marcha o pasado ano de entregarán 150 € a cada grupo participante para que gaste nos establecementos aos que acuda, os establecementos participantes pola súa banda, comprométense a ter a disposición dos grupos tapas ou pinchos.
Fotos: Carlos G. Hervella.