CulturaCulturaÚltima hora

Os vínculos históricos de Valdeorras e O Bierzo, analizados por Javier Lago no Barco

Este historiador impartía unha conferencia, organizada polo IEV, na tarde deste sábado no Casino

 

Na Idade Media, cando Valdeorras e O Bierzo estaban baixo o goberno do mesmo nobre, comezaba a súa conferencia sobre a vinculación entre estas comarcas veciñas o historiador berciano Xabier Lago Mestre na tarde do 2 de outubro no Casino do Barco.

O relator repasaba os diversos señoríos medievais en Valdeorras (mosteiros, Bispado de Astorga, señores laicos, etc.) que xeraron “fortes relacións de dependencia (privilexios, vasalos, terras, etc)”. Unha etapa, dicía, non exenta de conflitividade social “nunha sociedade medieval tan desigual, caso da revolta irmandiña”. O seu percorrido continuaba ata a idade contemporánea. Tamén incidía no interese de analizar o ordenamento territorial de ambas comarcas.

 

 

Lago Mestre era presentado neste acto polo presidente do Instituto de Estudos Valdeorreses (IEV), Aurelio Blanco Trincado. Esta é a primeira actividade que organiza esta entidade para celebrar o “Bicentenario da creación da Provincia do Bierzo”, da que parte de Valdeorras formou parte. Ademais Blanco lembrou que para o vindeiro 22 de outubro está prevista unha conferencia da arqueóloga valdeorresa Julia Mayo, con orixes en Valdeorras, e máis en concreto en Arnado (Vilamartín).

Fotos: A.R.

Artigos relacionados

Back to top button