EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños da D.O. Monterrei promociónanse en Vigo

 

En Vigo vén de desenvolverse a última iniciativa promocional da Denominación de Orixe Monterrei, na que estiveron presentes máis de medio cento de profesionais do canle HORECA de toda a provincia. Durante a tarde, o Círculo de Empresarios de Galicia acollía unha ampla representación do sector de hostalería, distribución, sumillería ou restauración. Entre eles atopábanse membros dos establecementos Casa Marco, Alameda 10, A de Quique, Chinchorro, Lourido, Rueiro, Veloso ou O Retiro da Costiña. Así como representantes de Distribucións Galicor ou Pablo Piñón, ou xornalistas de diversos medios de comunicación.

Os asistentes a esta iniciativa recibiron información sobre as características edafoclimáticas deste territorio vitivinícola, a súa tradición e historia, ademais de variedades de uva ou tipoloxías de viño. Así mesmo puideron coñecer as peculiaridades dos viños das adegas que formaron parte desta acción promocional: Ladairo, Pazos del Rey, Gargalo, Castro de Lobarzán, Crego e Monaguillo, Quinta do Buble, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Fragas do Lecer, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Abeledos, Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández), Trasdovento, Fausto Rivero Pardo (Quinta Soutullo), Manuel Vázquez Losada e Manuel Regueiro García.

“Non é a primeira vez que realizamos unha acción destas características na cidade olívica, e tiñamos claro que debiamos repetila, xa que se trata dun mercado atractivo para o noso produto, polo importante número de establecementos de hostalería e restauración cos que conta”, manifesta a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, “permitindo, deste xeito, ás nosas adegas ampliar as canles de comercialización para os seus produtos”.

Artigos relacionados

Back to top button