EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños de Monterrei achéganse a Santander e Bilbao

Realizaranse presentacións nestas dúas cidades, dirixidas polo sumiller Luis Paadín, os días 10 e 13 de abril
Túnel do Viño da D.O. Monterrei na Coruña.

Continúa o circuíto promocional da Denominación de Orixe Monterrei pola xeografía española. Os días 10 e 13 de abril os seus viños serán presentados en sendos actos nas cidades de Santander e Bilbao, respectivamente. Así o 10 de abril o Hotel Escuela Las Carolinas de Santander acollerá entre as 11 e 12 horas unha Masterclass sobre os viños de Monterrei e, 12 a 14 horas, un Túnel do Viño de brancos e tintos desta denominación.

Ademais, o 13 de abril, na Bodega Urbana de Bilbao, de 17:30 a 18 horas, farase outra Masterclass, seguida dun Túnel do Viño, entre as 18 e 20 horas. “Estas actividades están destinadas a profesionais do sector -hostaleiros, sumilleres, distribuidores, prensa, docentes e alumnos de escolas de hostalería-“, segundo indican dende o consello regulador. Estas presentancións serán realizadas polo experto Luis Paadín, quen falará sobre a historia, orografía, clima, variedades de uva ou tipoloxía de viños desta zona ourensá, entre outras cuestións.

Ademais os asistentes, que tamén recibirán información sobre a importancia dos lagares rupestres en Monterrei, poderán degustar viños de 23 adegas da D.O. Monterrei: Pazos del Rey, Ladairo, Pazo das Tapias, Gargalo, Castro de Lobarzán, Quinta do Buble, José Antonio Da Silva Pereira, José Luis Mateo García (Quinta da Muradella), Crego e Monaguillo, Terras do Cigarrón, Triay Adegas de Oímbra, Pazo Blanco Núñez (Tapias Mariñán), Boo-Rivero, Manuel Guerra Justo (Vía Arxéntea), Concepción Paradela Martínez, O Cabildo, José Luis Gómez Ibáñez (Valderello), Pazo de Valdeconde, Tabú, Franco Basalo, Alba Al-Bar (Daniel Fernández) e Trasdovento.

Novamente volverase a contar coa colaboración de produtos amparados baixo o selo “Galicia Calidade”, tal e como xa se fixera anteriormente en actos de Madrid e na Coruña. “Estas iniciativas están enmarcadas dentro do programa de accións promocionais dos viños de Monterrei para o 2018”, sinala a presidenta do C.R.D.O. Monterrei, Lara Da Silva, e “permiten mostrar a nosa historia, territorio e o produto que se elabora aquí, ademais de presentar in situ as súas peculiaridades e características”. Para participar nas accións promocionais realizadas en Santander será necesario inscribirse previamente en afraile@ceoecant.es, mentras que no caso de Bilbao a inscrición debe realizarse en info@bodegaurbana.com ou 94-4416181.

Artigos relacionados

Back to top button