EconomíaEconomíaÚltima horaViticultura

Os viños triveses Xiana e Corga 2014, entre os premiados na V Cata Concurso Patrimonio Ribeira Sacra

Nesta edición, celebrada os días 23 e 24 de novembro, participaban 57 adegas desta denominación de orixe cun total de 141 mostras
Un dos momentos deste concurso de viños./ Foto: Centro do Viño da Ribeira Sacra.

 

A V Cata Concurso de Viños Patrimonio Ribeira Sacra, organizada polo Centro do Viño e a Asociación Galega de Enólogos, vén de desvelar o seu palmarés. Facíase público nunha rolda de prensa celebrada na mañá do 24 de novembro en Monforte de Lemos.

Nesta edición participaban neste certame 57 adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra cun total de 141 viños. “Das 61 mostras de tintos xoves colleita 2017 pasaron á final 17 e, das 46 mostras de tintos barrica e outras añadas, pasaron 16. Os brancos xoves colleita 2017 (17 mostras), os brancos barrica e outras añadas (7 mostras), as magnum (6 mostras) e os rosados (4 mostras) pasaron directamente á final por ter un número menor de viños”, segundo se indica dende a organización.

Entre as referencias premiadas este ano hai dúas trivesas: o Xiana da Adega, que lograbao galardon Patrimonio Ribeira Sacra como viño xove 2017, e “Corga 2014” da Adega da Corga, que se fixo co galardón Gran Patrimonio Ribeira Sacra como viño tinto barrica e outras anadas. O galardón “Gran Patromonio” equivale a medalla de ouro e “Patrimonio” á de prata.

Os premios entregaranse na semana do 17 de Decembro, en data aínda por concretar. O panel de cata estivo formado por 22 catadores: enólogos que traballan nas adegas da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, enólogos da Asociación Galega de Enólogos, un xornalista especilizado en viños e un representante do panel de cata do CRDORS.

 

Algúns dos catadores./ Foto: Centro do Viño da Ribeira Sacra.

 

O xurado estivo composto por Juan Manuel Casares, director da Evega; Luis Buitrón, presidente da Asociación Galega de Enólogos e vicepresidente da Asociación Nacional de Enólogos e, por José Ramón Martinez, xerente do Centro do Viño da Ribeira Sacra. O servizo foi realizado polos alumnos da Escola de Hostalería de Rosende. Os organizadores agradecen “a alta participación das adegas e a tódolos integrantes do panel de Cata, así como a Escola de Hostalería e demais colaboradores”.

A lista total de premiados é a seguinte:

Tintos xóvenes da colleita 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Guimaro
– Gaela Os queixeiros
– Viña Peón

Tintos xóvenes da colleita 2017 PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Adega Vella 988
– Xiana
– Casa Moreiras Selección
– Chuzos de Punta
– Finca Cuarta

Tintos barrica e outras añadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Promine 2016
– Don diego 2017
– Corga 2014

Tintos barrica e outras añadas PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Abadia da Cova 2016
– Veiga do Bacelo 2016
– Proencia 2012
– Asolagados 2017
– Cividade 2017

Brancos xóvenes da colleita 2017 GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Almalarga.
– Viña Vella.
Brancos xóvenes da colleita 2017 PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Viña Garoña.
– Ponte da Boga Albariño.
Brancos barrica e outras añadas GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Finca Millara 2016.
Brancos barrica e outras añadas PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Pombares Gloria 2016.
– Adega Vella 1904 – 2017

Magnum GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Ponte da Boga 2017.
Magnum PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Cypressus 2017.
Rosado GRAN PATRIMONIO RIBEIRA SACRA:
– Peza do Rei.

 

Artigos relacionados

Back to top button