ConcellosÚltima horaVilamartín

Os viticultores de Vilamartín esperan poder celebrar o “pase de folión” en setembro

 

Tras meses sen poder tocar e moito menos saír, o Folión Os Viticultores tiñan previsto celebrar unha ronda polo pobo o pasado mes de xullo, pero vista a situación sanitaria pola que atravesaba e aínda atravesa a comarca, decidían aprazala. “Cando mellore os Viticultores volveremos a saír á rúa”, aseguraban.

Foron pasando as semanas e a evolución foi mellorando considerablemente polo que se a situación o permite, xa teñen nova data para o “pase de folión”. Será o vindeiro sábado 4 de setembro a partir das sete da tarde, cun percorrido pola Rodeleira, a praza Xosé Luis Núñez e O Bañadoiro.

 

Artigos relacionados

Back to top button