Estas mobilizacións manteranse os vindeiros luns de outubro na praza do Concello do Barco ás 12h.
Por segunda vez no que vai de mes de outubro, a praza do Concello do Barco acollía unha concentración “en defensa dunhas pensións dignas e do sistema público de pensións”. Estaba convocada polo sindicato CCOO e polo Colectivo de Pensionistas de Valdeorras.
Con estas mobilizacións, que continuarán todos os luns do mes de outubro ás 12:00 h. nese mesmo lugar, reivindican “pensións dignas, é dicir, “unha subida por lei das pensións segundo o IPC” e “ningunha pensión por baixo do salario mínimo interprofesional”.
Fotos cedidas.