O Museo Municipal de Ourense foi o escenario elixido esta mañá, martes 27 de setembro, para a presentación da novena edición do Festival Internacional de Teatro (FITO). A cita celebrarase na semana do 9 ao 17 de outubro cun amplo abano de representacións teatrais, circenses e a segunda edición do “Encontro de mulleres creando”. O acto de hoxe contou coa presenza do alcalde da cidade, Jesús Vázquez, e a concelleira de Cultura, Belén Iglesias, o vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández, o director de Agadic, Jacobo Sutil, a directora do Teatro Principal, Olga Mojón, e a directora de Sarabela Teatro, Ánxeles Cuña, como organizadora do evento cultural.
A programación deseñada para esta edición contempla unha ducia de representacións teatrais a cargo de 12 compañías procedentes do panorama galego, nacional e mesmo internacional. O prezo das entradas manterase con respecto a edicións anteriores, tendo un custe de oito euros cada espectáculo. Tamén se indicou que haberá descontos para os espectadores que sexan estudantes, da terceira idade ou desempregados.
Máis información na vindeira edición en papel do Periódico O SIL.