DeportesÚltima hora

Ourense acollerá nesta fin de semana o galego máster de atletismo en pista cuberta

 

A pista cuberta de Expourense acollerá nesta fin de semana o galego máster. Entre as participantes destacadas que confirmaron a súa asistencia o 15 de xaneiro en Ourense estará a triple plusmarquista mundial Esther Pedrosa, que competirá nos 800 m. e dos 1.500 m, tal e como informa a Federación Galega de Atletismo.

Tamén acudirán algunhas das vixentes campioas de España entre as que se atopa Lucía Ferreiro da Sociedade Ximnástica, quen estará competindo no concurso de pértega F40, onde recentemente lograba mellorar o seu propio récord de España con 3.05 m. Acudirá ademais a plusmarquista nacional Emilia Mesa do Ourense Atletismo no círculo de peso na categoría F65, estando acompañada pola olímpica e subcampioa mundial absoluta en Gotemburgo 1995 Felicea Tilea na F50. Nos homes o plusmarquista absoluto Víctor Gallego e o campión de España máster Xulio Ventín (M60), ambos da Ximnástica, encabezan do cartel desta especialidade.

En velocidade poderá verse a atletas como Miguel Gómez do Real Club Celta na M40, que ven de establecer recentemente os récords galegos da súa categoría de 60 m. e 200 m. A campioa de España Rosario Sureda do Lucus Caixa Rural, tomará parte na proba dos 200 m, e no concurso de altura na categoría F55, así como o plusmarquista nacional Domingo Álvarez do Burgas Ourense nos 400 m. e nos 1.500 m. na M65

O medio fondo e fondo contará, entre outras, coa presenza de Inés Papín do Atletismo Sada nos 3.000 m. na F50, de José Manuel Fernández Sangiao do Verxel Nutrición Deportivo nos 800 m. M60, así como a de Xosé Luis Otero Cepeda do Universidade de Santiago nos 1.500 m. na M70.

No resto de sectores pode destacarse a participación do plusmarquista nacional Carlos Ferrer do Atletismo Narón no concurso de Pentathlon M60 así como a das marchadoras do 3.000 m. Emilia Rodríguez do Trega na F45 e Rosa Sierra do Atletismo Sada na F55.

Artigos relacionados

Back to top button