OurenseÚltima hora

Ourense brilou “Con luz propia” esta fin de semana (vídeo)

A velada comezou cun espectáculo de “videomapping” na Casa do Concello e seguíu cunha sesión Dj

Ourense deulle a benvida ao Nadal esta fin de semana cunha gran festa. A velada comezou cara ás 20:00 horas na Praza Maior. Alí, centos de persoas reuníronse en torno á Casa do Concello para gozar do fantástico espectáculo de “videomapping” sobre a fachada do consistorio. Un espectáculo de vídeo e música mostrou aos cidadáns de o verdadeiro espírito do Nadal coa chegada de Papá Noel, os agasallos dos máis cativos e os xoguetes. Sen dúvida un espectáculo que quedou gravado na retina dos alí presentes e que despertou o espírito do Nadal aos cidadáns. Pero para os que non puideron estar presentes no pase das 20:00, o Concello ofreceu outro ás 21:00 horas.

Pero as actividades non cesaron aí, xa que Papá Noel e o seu elfo estiveron toda a velada entregando agasallos aos viandantes e desexándolles un bo Nadal.

Se a comezos da noite o espectáculo era dedicado ás familias, máis entrada a madrugada foi a quenda para a xuventude. O Dj Guille de Melo ofreceu unha sesión de música na que tocou todos os xéneros, dende o tecno, pasando polo Pop actual, ritmos latinos, indie, tradicional. O ambiente na praza do Correxidor era máis que festivo, os mozos e mozas congregáronse na zona para saltar, bailar e darlle a benvida ao Nadal.

Artigos relacionados

Back to top button