ConcellosEleccións municipais 2023Última hora

Ourense é a provincia galega con máis porcentaxe de participación nas municipais cos datos das 14h.

Durante a mañá votaba o 39,59% dos electores ourensáns, un 2,05% máis que nos comicios do 2019

 

Os primeiros datos de participación feitos públicos, e actualizados ata as 14h. deste 28 de maio, revelan un incremento da porcentaxe de electores que xa exerceron o seu dereito ao voto na provincia de Ourense con relación ás eleccións do 2019. Así o 39,59% dos votantes da provincia acudían a votar ata esa hora, o que representa un 2,04%  máis que nos anteriores comicios locais.

Ademais a provincia de Ourense é a que presenta unha maior taxa de participación arestora dentro da comunidade galega.

Por concellos, na meirande parte dos da provincia experiméntase unha maior participación. Cabe salientar datos como o 54,48% de Castrelo de Miño (un 3,37% máis que no 2019), o 53,79% da Teixeira (un 14,75% máis que no 2019) ou o 49,13% de Carballeda de Valdeorras (un 4,22% máis).

A cidade de Ourense rexistra así mesmo un incremento na participación sobre a anterior cita do 2019, con 36,69%, un 3,43% máis.

Por contra descende a participación en municipios como O Barco, cun 28,92% (un 0,37% menos que no 2019), Verín cun 34,64% (un 1,26% menos) ou Vilariño de Conso cun 40,20% (un 3% menos).

Artigos relacionados

Back to top button