OurenseÚltima hora

Ourense e Vigo son as únicas cidades galegas sen zona para autocaravanas

A IV edición da Ruta de Autocaravanas Yakart percorrerá 687 quilómetros polas catro provincias galegas
Membros de Yakart Autocaravanas.

A Ruta de Autocaravanas Yakart chega á súa cuarta edición coa participación de 30 vehículos e 100 persoas na experiencia, que partirá o venres, 3o de xuño, dende A Coruña e rematará o 9 de xullo en Santiago. Tras percorrer tres das catro provincias galegas e un total de oito concellos ( Lugo, Ourense, Cartelle, Allariz, Mondariz e Santiago como puntos finais e de saída.

Unha das intencións desta expedición é “pór en valor o turismo de autocaravanas e reivindicar tamén que se adiquen máis espazos para os vehículos”, sinalan dende o Caravaning Club Yakart. Dende esta asociación informan que Galicia é a comunidade autónoma onde existen máis espazos de estacionamento deste tipo. Nembargantes, existen excepcións como é o caso de cidades como Ourense ou Vigo, onde aínda non se destinan zonas específicas para autocaravanas, pese as peticións dos usuarios.

En Ourense vense obrigados a utilizar a zona de autocaravanas de Cenlle, inaugurada en setembro do pasado ano, que é unha zona que lle gustan aos condutores de caravanas pero aseguran que está moi lonxe de Ourense, concretamente a 27 quilómetros.

No caso de Vigo, segundo explicou Antonio Jul, presidente de Caravaning Club Yakart, que organiza a ruta, “a cousa non vai nin para atrás nin para adiante, o alcalde cando veu que saíamos na prensa durante a terceira edición, interesouse polo tema, pero, polo momento seguen sen facer nada”. Jul comentou que se reuniron coa concelleira de Turismo, hai un ano, pero non volvemos a ter novas”.

 

Artigos relacionados

Back to top button