Primeiro foi no Barco, Verín e Allariz o día 1. E agora en Ourense. A capital da provincia celebraba o domingo 4 de maio a Festa dos Maios, unha importante parada no ciclo festivo ourensán, declarada de Interese Turístico Galego no ano 2001.
Ao longo da mañá, os Maios participantes no concurso convocado polo Concello (o ano pasado foron 32), expoñíanse nas rúas Paseo e Lamas Carvajal e ás 12h. ao seu carón cantabanse as coplas compostas para a ocasión. A entrega de premios tiña lugar ás 18h. nos Xardíns do Padre Feijóo co seguinte resultado:
– O gañador do concurso de coplas (200 euros), por maioría para o Maio número 15 A bella auria
– Maio enxebre (400 euros) ao Maio número 22 a Ceibar
– Maio artístico (300 euros) ao Maio número 9 de Sheila María Durán
– Maio escolar a “Ronda de auriense”
Como complemento á festa da primavera, celebrouse unha feira de artesanía nos Xardíns Bispo Cesáreo organizada polo ADAO, e outra gastronómica na praza Maior.
Tamén pola mañá pero na rúa Canle tiña lugar a XII Festa do Tren organizada por Carrilleiros e patrocinada por Foula Cultural. Entre as 11 e as 13:30h. houbo circulación de trens e ademais, os máis pequenos puideronse fotografar vestidos de máquinistas ou de xefes de estación.
Ademais ás sete a compañía Aracalazanda actuaba para públicos de todas idades no Auditorio municipal.
Fotos: Carlos G. Hervella
(Máis información na edición en papel do Periódico O Sil).