OurenseÚltima hora

Ourense reúnese en Barcelona coa Asociación das Colectividades Textís Europeas

Un momento da reunión, en Barcelona.
Un momento da reunión, en Barcelona.

O Concello de Ourense participa estes días en Barcelona na reunión extraordinaria da Asociación das Colectividades Textís Europeas (ACTE). Deste xeito a cidade representa o sector textil na cidade catalana dentro desta entidade, da que é membro dende 2009. A representación está personada a través do concelleiro de Promoción Económica, Jorge Pumar. O motivo é presentar as liñas xerais da ACTE para o período 2016-2017 e coñecer as propostas doutras cidades que buscan ocupar a presidencia do colectivo a partires de 2017.

Artigos relacionados

Back to top button