Galerías de fotosOurenseÚltima hora

Ourense queima as Madamitas baixo a chuvia

O espectáculo pirotécnico é o acto central da Festa do San Lázaro

Un ano máis a cidade de Ourense festexou unha das súas festas máis tradicionais: o San Lázaro. Unha cita que se celebra dous domingos antes de Pascua, este ano, o 18 de marzo.

Os actos comezaban ás 11h. na Igrexa de Santo Domingo onde tiña lugar a misa na horna de San Lázaro á que asistían, entre outras autoridades, o alcalde de Ourense Jesús Vázquez, seguida da procesión ata a igrexa conventual dos PP.

Franciscanos Tras a procesión coa imaxe do santo, tiña lugar ás once a misa na Igrexa de Santo Domingo. De seguido, os gaiteiros Gomes Mouro animaban as rúas e xa ás 13h. tiña lugar diante da Subdelegación do Goberno, un dos momentos máis esperados da xornada: a queima das Madamitas que este ano correu por conta da pirotécnica La Gallega.

Malia a chuvia, numerosas persoas asistían ao espectáculo de pólvora co que Ourense dá a benvida á primavera.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button