49 Rallye Ourense TermalÚltima hora

O Parque de San Lázaro será escenario do reagrupamento central do sábado

A cidade quenta motores para vibrar co 49 Rallye de Ourense, que se celebrará esta fin de semana
A entrega de trofeos volveu o ano pasado ao Parque San Lázaro tras dúas décadas.
A entrega de trofeos volveu o ano pasado ao Parque San Lázaro tras dúas décadas.

O Parque de San Lázaro, ubicado en pleno corazón da cidade de Ourense, converterase o vindeiro sábado 18 nun dos principais escenarios da 49 edición do Rallye de Ourense-Ourense Termal (49ROU). Considerado historicamente como un dos puntos máis emblemáticos tanto da cidade como da proba en si, recobra protagonismo. Nesta ocasión, non só se fará neste enclave a entrega de trofeos -seguindo a liña implantada o ano pasado- senón que até aquí se traerá tamén un dos reagrupamentos da proba.

Trátase do reagrupamento do mediodía do sábado, que servirá como punto de reencontro dos participantes tras a realización dos tramos da mañá e antes de emprender a quenda dos tramos de tarde. Así, o emblemático parque vivirá toda a intensidade do evento deportivo coa presenza dos principais pilotos durante aproximadamente uns 60 minutos. Dende a organización fixan a chegada do primeiro coche arredor das 12:45 horas e, durante algo máis dunha hora, irán entrando e saíndo os participantes do lugar. O rallye voltará a este enclave xa de noite, coa entrega de premios arredor das 22h.

Este guiño ás orixes do histórico rallye vén acompañado do recente nomeamento como fillo predilecto da cidade ao considerado pai da proba: Estanislao Reverter Sequeiros. Ademais, o Concello tamén bautizaba a praza lateral da Subdelegación do Goberno co seu nome. Cabe lembrar que este punto xa ofrecía unha pequena homenaxe hacia este histórico personaxe, coa estatua do Alpinche, onde está representado tamén o propio “Lalao” e Antonio Colemán Hugalde.

Texto: Sara Fontenla
Fotos: Gonzalo Belay

Artigos relacionados

Back to top button