OurenseÚltima hora

Ourense rende culto ao seu patrón, San Martiño

 

Como cada 11 de novembro Ourense celebra o día do seu patrón, San Martiño cun completo programa comezaba pola mañá co apartado relixioso e continúa pola tade co popular magosto.

En torno ás 11 horas saíndo da praza Maior, o alcalde e a Corporación Municipal baixo mazas e acompañada dunha banda de gaiteiros, diroxíanse pola rúa Arcedianos ata a praza de San Martiño para facer a entrada pola escalinata á Santa Igrexa Basílica Catedral.

Unha vez alí comezaba a procesión de San Martiño polo interior da Catedral seguida da celebración da Santa Misa, na que o alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome lía a ofrenda ao santo, “no templo, que ronda xa os 1.000 anos de historia, e que foi levantada baixo a túa advocación, para renderche gustosos, un ano máis, a honra e a homenaxe das que es merecente e que che adican tamén, en distintas datas, moitos pobos, cidades e países en todo o mundo”.

Jácome asegurou que “somos coñecedores da proxección universal da túa figura pedímosche, porén,  humildemente, que volvas a nós a túa mirada dun xeito especial. Ourense foi das primeiras cidades do mundo que levantou un templo na túa honra, precursor desta fermosa catedral, e o primeiro da Península. Foi cando aquel rei suevo do que nos fala a historia a mandou construír para agradecerche a intercesión mediante a cal curou o seu fillo, converténdose ademais, el e todo o seu reino, á fe cristiá que con tanto valor e ímpeto predicaches”.

 

Ofrenda do alcalde de Ourense a San Martiño.

 

Por iso, o rexedor ourensán pedíu ao sando que “mediante a túa intercesión, nos sexa dado facer nosos os valores e as conviccións que con tanta valentía promulgaches na túa vida terrea. Recordamos a túa sensibilidade cos desamparados do mundo, posta de manifesto naquel fermoso acto mediante o cal compartiches a túa capa de soldado cun pobre no que recoñeciches máis tarde, en soños, o rostro do Mestre. Acontecemento a partir do cal abandonaches o exército e convertícheste nun loitador pola paz a través da predicación da boa nova da fe, cristiá. Lembramos tamén a túa humildade, acreditada no feito de seguir vivindo coma un monxe tras ser nomeado bispo por aclamación popular. O teu rexeitamento da violencia nas loitas ideolóxicas e relixiosas, defendendo o debate a través da palabra, probado cando intentaches salvar a vida dun adversario da túa doutrina, condenado á morte precisamente polas súas ideas”.

Ao remate dos actos no interior da Catedral aos que asistía a conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, Elena Rivo, acompañada do delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, e do presidente da Deputación Luis Menor, a Corporación Municipal volvía á Casa do Concello polo mesmo percorrido.

Xa pola tarde, as 18 horas comezaba na prazas Maior e de Santa Eufemia, o magosto tradicional, con  bolo preñado, auga ou viño por 1 euro, porco ao espeto por 5 euros, e castañas gratuítas.

A festa inclúe ruada de gaiteiros con xigantes e cabezudos; concerto de Brañas Folk cos convidados: Vanesa Muela e Manuel Souto e baile coa orquestra la Misión e un dj.

Artigos relacionados

Back to top button