SanidadeÚltima hora

Ourense reunirá a medio cento de especialistas en patoloxía respiratoria de Galicia e do norte de Portugal

A súa temática estará centrada no cancro de pulmón, a hipertensión pulmonar, as infeccións respiratorias e as patoloxías obstrutivas, entre as que destaca a EPOC

Presentación deste encontro de especialistas galegos e do norte de Portugal./ Foto cedida.

 

Os días 15 e 16 de novembro Ourense acollerá a 46 Reunión Anual da Sociedade Galega de Patoloxía Respiratoria e a 33 Galaico-Duriense, encontro bianual que reune aos especialistas de neumoloxía e cirurxía torácica autonómicos e do norte de Portugal.

A presentación deste foro, no que se abordarán os últimos avances desta especialidade, tiña lugar na mañá do 12 de novembro no Hospital Universitario de Ourense. Nela participaron o xefe de Servizo de Neumoloxía, José Abal, e presidente do comité organizador e o xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, Félix Rubial.

Organizado polo Servizo de Neumoloxía do Hospital Universitario Ourense esta cita científica está previsto reuna na cidade (No Centro Cultural Marcos Valcarcel) a mais dun cento de especialistas cunha temática centrada no Cancro de Pulmón, a Hipertensión Pulmonar, as Infeccións Respiratorias e a Patoloxía Obstructiva, entre as que destaca a EPOC (Enfermidade Pulmonar Obstrutiva Crónica) da que mañá se conmemora o día mundial.

A EPOC é unha patoloxía crónica que se caracteriza por unha limitación do fluxo aéreo persistente, xeralmente progresiva e de carácter crónico. Na actualidade non pode curarse, pero si previrse e tratarse eficazmente, e na calidade de vida do paciente inflúe en gran medida seu diagnóstico precoz, controlando seus síntomas, velocidade de progresión e crise, mellorando seu prognóstico. Precisamente este será o tema abordado nunha das mesas que afondará na EPOC en mulleres e súas características diferenciadoras.

EPOC na muller un problema crecente

O aumento do tabaquismo e o envellecemento poboacional, mais acusado en mulleres, ademais da exposición, especialmente no rural, ao fume das tradicionais lareiras -outro dos factores de risco de desenvolver EPOC- incrementa nelas a prevalencia desta enfermidade e tamén con síntomas mais graves .

Na actualidade en Ourense 12.537 homes e 4.945 mulleres están diagnosticados de EPOC, pese a esta diferencia estatística, en mulleres a taxa de mortalidade asociada é mais alta que en homes. Hai que ter en conta tamén que numerosos traballos alertan do maior efecto nocivo na muller do tabaquismo, con maior impacto nocivo no deterioro da función pulmonar, incluso con menores consumos de tabaco que os homes.

Dúas intensas xornadas de congreso

Durante a mañá do venres presentaranse as comunicacións póster e orais seleccionadas. Pola tarde, trataranse temas de actualidade como o Tratamento do Cancro de Pulmón non microcítico, e as novidades terapéuticas en inmunoterapia e cirurxía deste tumor que causa en Galicia 1500 mortes, sendo na actualidade a primeira causa de morte en homes a a terceira en mulleres.

Xunto a elo, abordarase, tamén, a situación do Tabaquismo na Península Ibérica, o factor de risco máis importante para a EPOC e o cancro de pulmón, conferencia que correrá ao cargo dun dos principais expertos de España, Juan Antonio Riesco, neumólogo do Hospital San Pedro de Alcántara, en Cáceres.

Esa mesma tarde, nunha mesa de debate de Hipertensión Pulmonar, abordaranse os relatorios Hipertensión Pulmonar e embarazo, e o Tratamento e prognóstico da hipertensión pulmonar tromboembólica crónica, a cargo do cardiólogo responsable da Unidade de Doença Vascular Pulmonar do Hospital Santo Antonio de Porto, centro de referencia de hipertensión pulmonar portugués.

Durante a xornada do sábado, desenvolverase unha mesa de debate de Infeccións Pulmonares, na que se abordarán as Pneumonías en residencias sociosanitarias e as Infeccións fúngicas e por patógenos multirresistentes, en pacientes con bronquiectasias, con relatoras de Portugal, Madrid e Valencia. E para finalizar, unha mesa de Patoloxía Obstrutiva, na que se tratarán temas tan interesantes como a Asma grave non controlada, a EPOC en mulleres e os resultados do estudo epidemiolóxico EPISCAN II, de prevalencia de EPOC realizado en España, a cargo dun os seus principais investigadores.

Artigos relacionados

Back to top button