DeportesÚltima hora

Ourense será a sede do Torneo Internacional Alevín de Fútbol 7 esta fin de semana

 Inter de Milán, Porto, Athletic de Bilbao, Grenaa, Chaves, Deportivo de La Coruña e os ourensáns Santa Teresita e Pavillón disputarán o campeonato no campo das Eiroás
O campionato xogarase no campo das Eiroás.

A cidade de Ourense converterase esta fin de semana en referente do fútbol base internacional coa segunda edición do Torneo Internacional Alevín fútbol 7, Mercedes-Benz Garza, que organizan o Club deportivo Santa Teresita e BeOne coa colaboración do Concello, a Deputación, entre outros.

Esta mañá no salón de plenos do Concello de Ourense tivo lugar a presentación do torneo, no que participarán os equipos CF Porto (Portugal), Athletic club de Bilbao, Grenaa IF (Dinamarca), Inter de Milán (Italia), Grupo Desportivo Chaves (Portugal), Deportivo de A Coruña, e dous equipos ourensáns: o anfitrión, CD Santa Teresita e o Pavillón, gañador da fase previa do torneo que se disputou a pasada fin de semana.

Os partidos comezarán o sábado, ás 10:00 horas, e rematarán o domingo ás 12:00 horas, cando se disputará a final.

A entrada é libre e gratuíta e a organización colocará unha grada supletoria no campo das Eiroás para maior comodidade do público asistente.

Artigos relacionados

Back to top button