OurenseÚltima hora

R. Madrid, Atl. de Madrid, Celta de Vigo, Athletic de Bilbao, Oporto e Pabellón CF participarán en Ourense no torneo de fútbol cadete

Será no estadio do Couto entre o 12 e o 15 de xuño

 

O estadio do Couto acollerá entre o 12 e o 15 de xuño o torneo de fútbol cadete “Ourense, a provincia termal”, na que participarán o Real Madrid, Atlético de Madrid, Real Club Celta de Vigo, Athletic Club de Bilbao, Oporto e Pabellón CF.

Esta cita deportiva, que terá un compoñente solidario (todos os encontros serán gratuítos agás a final, cuxa recadación será doada íntegramente á Fundación Juan Soñador), está organizada polo Pabellón CF e conta coa colaboración da Deputación Provincial, do Concello de Ourense e da Xunta de Galicia. Na presentación deste evento participaron o presidente provincial, Luis Menor; a concelleira de Facenda do Concello de Ourense, Tamara Silva; o delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo; e o responsable da organización do torneo, Paco Doforno, así como o presidente do Pabellón CF, Fernando Martínez. Tamén asistiu o xogador ourensán do Celta de Vigo, Hugo Álvarez; e a representante da Fundación Juan Soñador, Nuria Delgado.

 

 

Ao igual que os demáis representantes institucionais, Luis Menor puxo en valor a importancia da cooperación institucional para a organización deste encontro, “un evento froito da unión institucional que nos enche de orgullo”, recalcando que é “unha honra” colaborar para recuperar este torneo que sempre foi un referente.

“É moi importante recuperar este escaparate do fútbol e que inspira á nosa canteira, potenciándoa e poñéndoa en valor”, explicou Menor, quen quixo falar “como ourensán, como afeccionado ao fútbol e como pai dun xogador que foi do Pabellón CF”. Menor explicou que este torneo non só sirve para promocionar a provincia termal, senón que conta cun aspecto solidario “que nos fai sentir moi orgullosos”.

Por último, Menor animou a toda a afección ourensá a acudir a este torneo, deixando claro que “aínda que todos somos de moitos equipos, eses días en Ourense teremos moi claro a quen apoiaremos e vestiremos a camiseta do Pabellón CF”.

 

Artigos relacionados

Back to top button