OurenseÚltima hora

Ourense súmase á celebración mundial do día das aves que durmen voando

Na tarde de do 7 de xuño terá lugar unha actividade divulgativa sobre os cirrios (vencejos), nas proximidades da Ponte Romana da cidade

 

Na xornada do vindeiro venres día 7 de xuño a cidade de Ourense vaise sumar á celebración do Día Mundial do Cirrio (vencejo), con actos en diferentes partes do mundo para dar a coñecer esta fascinante e misteriosa ave migratoria, que mesmo pode durmir voando.

Da man de Laura Iglesias e Bárbara Rodríguez, e co apoio de Sociedade Galega de Historia Natural, levarase a cabo unha xornada divulgativa destinada “a informar sobre estas incribles aves que chegan cada
primavera ás nosas vilas para criar, e que pasan a maior parte da súa vida voando”, segundo a organización.

Con este fin instalarase desde as 18:30 h. un posto informativo ao pé da Ponte Romana, nas inmediacións da praza Don Bosco, no que se repartirá información e mesmo se poderán observar os cirrios in situ xa que esta zona da cidade é un dos principais lugares de aniñamento desta ave.

Ademais farase unha pequena charla para dar a coñecer os hábitos dos cirrios, “a problemática que os rodea, e crear conciencia sobre a necesidade de preservala”, adiantan os promotores da actividade.

Artigos relacionados

Back to top button