DeportesÚltima hora

Pablo Aller (Pena Trevinca Barco), na Liga Galega de Orientación en BTT

 

Seguindo a tendencia do deporte federado que pouco a pouco vai volvendo á actividade, esta fin de semana celebrábanse, no monte Cabeiro na localidade coruñesa de Porto do Son, a terceira e cuarta proba da Liga Galega de Orientación en Bicicleta de Montaña.

E ata alí viaxaba Pablo Aller, en representación do Club Pena Trevinca Barco, para participar na categoría de homes veteranos (M-50), onde conseguía dous quintos postos.

A seguinte e última proba desta disciplina será o Campionato Galego de Distancia Media que se disputará o vindeiro 16 de outubro na localidade lucense de Guitiriz.

 

 

Fotos cedidas.

Artigos relacionados

Back to top button