Cun terceiro posto saldaba a súa participación na primeira edición do Bierzo Tri-Man o triatleta barquense Pablo Israel López na categoría absoluta. Esta proba, na que se impoñía José Ángel Penas Tallón (Trinity Triatlón) desputábase o día 6 de xuño. Comezaba a partires das catro da tarde no Lago de Carucedo e nela os participantes daban dúas voltas a un circuíto acuático duns 900 metros. A parte de ciclismo era duns 60 kms de distancia, entre os pobos de Carucedo e Villafranca do Bierzo. Finalmente, os deportistas afrontaban unha carreira a pé xa en Vilafranca do Bierzo. Darán tres voltas a un circuíto de 5 km.
Neste Desafío Tri-Man tomaban tamén a saída outros valdeorreses, Francisco González Marcos, que entraba no posto 115 en absoluta, e Diego Seco Lamas (Trinity Triátlón), no 116.
Máis información na edición en papel do Periódico O Sil
Fotos: Carlos G. Hervella.