OurenseÚltima hora

Pablo López gaña o Premio de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense

Tamén foron recoñecidos con accésit os traballos de Andrés López e Alejandro Rodríguez
Pablo López recibe o premio de mans de Manuel Baltar.
Pablo López recibe o premio de mans de Manuel Baltar.

O traballo de fin de grao de Pablo López sobre “Deseño dunha quiniela galega” foi o gañador do IV Premio de Investigación do Colexio de Economistas de Ourense que era entregado na mañá do 22 de novembro por parte do presidente da Deputación, Manuel Baltar. No acto, celebrado na Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo, tamén foron recoñecidos con accésit os traballos “Teoría de colas”, de Andrés López, e “Responsabilidade social corporativa e performance financeira”, de Alejandro Rodríguez.

O presidente do goberno provincial, encargado de clausurar o evento, expresou o seu convencemento de que a alianza de cooperación entre a Deputación de Ourense e o Campus “fortalece ese camiño no que andamos para seguir mellorando social e economicamente a provincia, cunha palabra básica para todos: futuro”, destacando asemade a importancia de “investigar, innovar e crear valor dentro do Campus de Ourense, un dos máis puxantes e activos de Galicia”.

Xunto a Manuel Baltar, participaron no acto a decana da Facultade de Ciencias Empresariais e Turismo de Ourense, Elena Rivo; o decano do Colexio de Economistas de Ourense, Guillermo Díez; o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o director da Tecnópole, Ricardo Capilla, quen pronunciou unha conferencia sobre innovación.

Artigos relacionados

Back to top button