
Coincidindo coa celebración mañá día 4 de outubro do Día Mundial do Paciente Ostomizado, a Unidade de Coloproctoloxía e Ostomías organizou unha xornada informativa orientada aos pacientes e as súas familias co obxectivo de dar visibilidade e normalidade a unha realidade coa que conviven moitos ourensans portadores dunha bolsa de ostomía.
Ademais da mesa informativa na entrada ao hospital na que participaron as asociación máis directamente implicadas como a Asociación Española contra o Cancro de Ourense e a Asociación de enfermos/as de Crohn e Colite Ulcerosa de Ourense (ACCU Ourense). As 11:30 horas tivo lugar, na cuberta terapeútica, unha charla coloquio sobre xestión emocional, impartida pola psicóloga clínica do Hospital Universitario de Ourense, Nuria Seijas Fernández.
O Día Mundial do Paciente Ostomizado, sirve para contribuír a dar visibilidade a unha realidade común para moitos pacientes, que afrontan as veces descoñecemento e estigma, ademais de concienciar á poboación dos obstáculos que deben afrontan na vida diaria, para poder seguir adiante coas súas vidas, despois dun procedemento cirúrxico que deixa secuelas físicas e emocionais.
Un estoma é unha abertura no abdome, que se realiza cirúrxicamente (ostomía) para permitir que o corpo poda realizar as funcións fisioloxicas do intestino ou vexiga de xeito artificial. Para elo, emprégase unha bolsa que se adhire ao estoma e funciona como depósito exterior. Na actualidade hai unha gran variedade de dispositivos, flexibles e que se fixan a pel sen danala, posibilitando que os pacientes fagan unha vida cada vez máis normal.
As causas
As principais causas que levan a unha persoa a que se lle practique unha ostomía poden ser a o resultado de distintas patoloxías, como diverticulitis; enfermedades inflamatorias intestinais (EEII), como colite ulcerosa ou Chron; oncolóxicas, como un cancro colorrectal ou de vexiga; traumatismos graves por accidente, ou oclusión intestinal.
Nalgúns casos, o estoma faise de maneira temporal, para deixar que o intestino ou a vexiga se recupere tras unha cirurxía, para se todo evoluciona ben, pechalo novamente. Non si noutras situacións, o estoma debe ser definitivo, cando non hai posibilidade de restablecer o tránsito normal.
En España calcúlase que aproximadamente unhas 100.000 persoas están ostomizadas e cada ano súmanse unhas 16.000. En Galicia son un total de 5.000 persoas e na provincia de Ourense, cada ano realízanse ao redor de 150 destas intervencións.

Consulta de Estomaterapia
O Hospital Universitario de Ourense conta desde 2018 cunha consulta específica de Estomaterapia con espazo e persoal de enfermería especializado, que traballan ao lado do paciente moitas veces directamente desde a planta antes ou despois da intervención, e promovendo tras a alta o autocuidado, convertíndose nas súas referentes para aclarar dúbidas e adaptarse a súa nova vida.
A enfermeira estomaterapeuta é un apoio importante informándolles sobre o manexo de dispositivos, pero tamén aportando información sobre alimentación, ou aspectos relativos á sexualidade ou a práctica deportiva tras unha ostomía. María Riveiro destaca que desde a unidade “ofrecemos un soporte integral físico, psicolóxico e social. O soporte familiar e a atención profesional personalizada son indispensables na adaptación da persoa a esta nova situación. Sendo o máis importante o empoderamento do paciente”.
Segundo a enfermeira o obxectivo é conseguir levar unha vida o máis parecida á que tiñan antes da intervención, que poidan seguir coa súa vida como o facían antes da intervención e ver a bolsa de ostomía non como “o problema” senón como a solución, que en moitos casos salvou a súa vida.
A unidade de ostomías puxo en marcha o pasado ano 2024 un Grupo de Axuda Mutua formado por persoas ostomizadas, os seus familiares e coidadores, e que supón un espazo seguro, no que compartir experiencias e consello, e sobre todo apoio mutuo. Un ano despois o grupo esta en contacto permanente nun chat no que poden hablar libremente da súa enfermidade, e de todo aquelo que os une, normalizando a situación. Gran parte deles afianzaron relacións de amizade e compañeirismo, o que axuda especialmente no proceso de adaptación.