CulturaCulturaÚltima hora

Paco Ascón presenta o seu libro “Mis Reflexiones Vitales” no Liceo de Ourense

Presentación do libro de Paco Ascón no Liceo de Ourense.

 

Na tarde do martes 19 de decembro o pintor e escritor ourensán Paco Ascón presentaba en Ourense o seu libro Mis Reflexiones Vitales. No acto, celebrado no Salón Nobre do Liceo coa presenza de preto dun centenar de persoas e cargado de emotividade, Ascón estivo acompañado polo presidente do Liceo de Ourense, Javier Casares, o director da editorial Andrómena Senlleira, Avelino Jácome, e por Paco Ascón Belver, autor da corrección dos textos e do prólogo da obra.

Na súa intervención, o artista agradeceu a todos os que fixeron posible a publicación do seu libro e falou do seu proceso creativo. “Este libro é unha viaxe a través da miña vida”, afirmou. “Nel, conto as miñas experiencias, as miñas reflexións e os meus sentimentos”. Entre outras apreciacións, agradeceu o pertencer ao grupo cultural Ourensán, Nós a Xente do Redor, do cal forma parte activa na actualidade, e no que un gran número de artistas e escritores continúan xerminando novos escritos, novas obras únicas e de gran valor.

O acto contou coa participación de destacadas personalidades da vida pública ourensá como Rosendo Fernández (presidente do Inorde), Armando Ojea (tenente de alcalde de Ourense), Juan Casares (presidente da D.O. Ribeiro), Juan Anta (alcalde da Veiga), Armando González (escritor), Marina Sánchez (poeta e responsable de Canal Cultura en Youtube), Miguel Ángel Martínez Coello (pintor), Javier Eneriz (escritor), Carlos Santos (escritor) e María Victoria Berjano (escritora), entre outros.

En palabras de Avelino Jácome, director da editorial Andrómena Senlleira, “este libro é unha obra imprescindible para coñecer a Paco Ascón, un artista polifacético que nos regala un testemuño persoal cheo de emoción e sabedoría”. É un libro que “convida á reflexión e á introspección; unha viaxe a través da vida dun artista que nos regala a súa visión do mundo”.

Artigos relacionados

Back to top button