CulturaCulturaÚltima hora

Paco Ascón presentará o seu libro “Tener o ser” no Liceo de Ourense

O acto será o xoves 8 de outubro a partir das 20:30 horas

Paco Ascón trala presentación do libro na Veiga./ Foto: Carlos G. Hervella.

 

Primeiro foi na Veiga e agora faráo na cidade de Ourense. Este xoves 8 de outubro ás 20:30h. o pintor Paco Ascón presentará no Salón Noble do Liceo de Ourense, o seu primeiro libro Tener o ser (Círculo Rojo, 2020).

Tal como explica o propio autor, residente dende hai anos en Xares (A Veiga) trátase “dun conto baseado na fábula da formiga e da cigarra e que está dedicado á xente nova , que vai comezar a súa vida”. Unha historia para que recapaciten sobre o que queren ser, “felices ou ter moito poder e riqueza”, explica Ascón.

Ademais do propio autor, ao acto (con aforo limitado) asistirán Xavier Casares e Avelino Jácome, que serán os encargados de facer a presentación.

 

Artigos relacionados

Back to top button