CulturaCulturaÚltima hora

Padrevecchi asómase ao “Barco. O horizonte” no escaparate de Miranda Moda na vila barquense

O creador arxentino expón a súa obra ata mediados de xuño no proxecto "MirArte" que aposta por darlle visibilidade aos creadores valdeorreses

 

Será o terceiro encontro do público valdeorrés. Tras amosar por vez primeira a súa obra no Barco a través do proxecto “MirArte” de Miranda Moda hai tres anos, neste mes de maio a arte do arxentino Óscar Padrevecchi volve ao escaparate desta tenda barquense cunha proposta que homenaxea á vila na que reside: “Barco. O horizonte”. Son varios cadros que plasman as súas impresións e vivencias na comarca, onde reside dende o 2020, e que acabaron sendo parte dunha serie titulada.

 

 

“Mostra que empeza a andar. Obras que naceron e construíronse pensando e co sentir das vivencias cotiás do meu percorrido mergullado no mesmo paisaxe urbana rural da comarca do Barco de Valdeorras”, conta Óscar Padrevecchi, “é unha homenaxe desde a visión dun arxentino porteño de Bos Aires, onde fóra da cidade en si, prevalece o horizonte “infinito” suspendido entre a pampa, manto chairo e o plano baixo dun ceo azul esbrancuxado, en contrapunto co horizonte que non se ve pero está, superposto e entrelazado coas montañas ou ás veces debuxado en forma de nube presente constante no Barco e a rexión”.

 

No seu recoñecible estilo, marcado polas raias, aparece “a xerarquía de tons e cores amarronados e grises de reflexos louseiros en contrapunto co celeste azul verdoso luminosos amarelos de sol pleno sur ao unísono rítmico e titilante do pasar do rio Sil”.

A mostra poderá verse nesta singular sala de exposicións que é Miranda Moda ata mediados de xuño. Será a súa segunda exposición no que vai de ano na vila, tras realizada en abril no Casino do Barco, cunha boa acollida.

 

 

Así, a partir deste 6 de maio no escaparate de Miranda Moda a obra de Padrevecchi “acompaña coas cores en teas de pezas luminosas preparadas para o verán leve, fresco e saudable. Un paseo á vista e os sentidos!… Resaltan os cadros en mimesis barquense”. Un convite para desfrutar da arte a pé de rúa.

Fotos cedidas.

 

Artigos relacionados

Back to top button