Galerías de fotosÚltima hora

Panxoliñas para recibir o ano en Vilanova (O Barco)

A Coral Municipal de Vilamartín deu un concerto na igrexa parroquial

Na tarde do 2 de xaneiro, convidada pola Asociación Cultural O Mosteiro, a Coral Municipal de Vilamartín ofrecía un concerto na igrexa parroquial de Vilanova (O Barco de Valdeorras).

Diante dos socios e veciños do pobo, a presidenta da asociación, Ángeles Pérez, presentaba o acto asegurando que “nun pobo pequeno tamén pode haber cousas grandes. O noso principal obxectivo é a promoción da cultura e non hai cultura máis grande que a música”.

Entre aplausos, a directora da coral Sandra González adiantaba o repertorio a interpretar, cunha parte de panxoliñas entre as que non faltou “Los tres reyes magos” e outra de canción popular cun tema especialmente adicado á presidenta do colectivo “Muñequita linda”.

Trala actuación, que incluíu un bis, a directiva da O Mosteiro de Vilanova daba as grazas aos membros da coral (coa entrega dun agasallo á directora), aos asistentes, entre os que estaba parte da corporación municipal do Barco de Valdeorras (alcalde e varios concelleiros), así como a tódolos socios “porque sen vos somentes somos un grupo de mulleres, pero xuntos formamos unha asociación” dixo a presidenta convidándoos a todos a unha merenda “con viño de Valdeorras”.

Fotos: Mónica G. Bellver.

Artigos relacionados

Back to top button