ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil presenta o seu programa de actividades de outono

Imaxe da pasada edición da Andaina da Castaña en Parada de Sil./ Cedida.

 

Co ánimo de seguir atraendo visitantes a Parada de Sil, o seu Concello vén de presentar un interesante programa de actividades para os meses de outubro e novembro. Este programa concluirá o día 18 de novembro coa X Festa da Pisa da Castaña, “festa de alto valor enolóxico e cada vez máis concorrida xa que se fai a pisa da castaña secando as mesmas nun sequeiro como se facía historicamente”, tal e como destacan dende o grupo de goberno local.

Neste conxunto de actividades e no presente mes ten lugar o día 22 a XVI Carreira por Montaña Canón do Sil, “A Decana” de Galicia valedoira para o campionato de carreiras por montaña de Galicia e na que se espera grande participación, pois xa se ve, sobre todo na fin de semana, corredores adestrando pola zona.

Tamén neste aspecto cabe destacar o día 28 a celebración da XVI edición da Andaina da Castaña e andaina guiada para cativos. “É un orgullo para este concello”, segundo manifesta o alcalde de Parada de Sil, Aquilino Domínguez, que estas actividades leven dezaseis edicións celebrándose o que amosa que o que se fai con sentido, perdura no tempo”. Tamén quere agradecer a Xosé Antón Vázquez, presidente do Clube de Montaña Ribeira Sacra a iniciativa e colaboración nestas tarefas.

O día 28 ademais da andaina da castaña terá lugar a festa de Samaín e o Magosto de Parada de Sil. Polo tanto según din dende o concello é un día cheo de actividades para que os visitantes se acheguen e poidan disfrutar da inigualable paisaxe da caída da folla, especialmente nas cepas, co seu colorido outonal espectacular.

 

 

Ademais, vanse celebrar magostos en todas as parroquias pero, nomeadamente, o Magosto de San Martiño de Sacardebois, o máis antigo e tradicional dos que se celebran no concello, que será como sempre en Sacardebois, o día 11 de novembro.

Rematando as actividades musicais deste ano o día 23 ás 13 hs. No mosteiro de Santa. Cristina terá lugar un concerto no contexto do Womex con participación de músicos ucraínos e galegos dentro do que chamamos De Galicia (Ucraína) a Galicia ( España).

E o día 4 de novembro terá lugar a I Xornada micolóxica organizada polo concello cunha charla no concello, saída ao monte a recoller cogomelos e logo clasificaranse as setas. E ás 14h. terá lugar unha degustación. Dende o Concello agárdase unha importante participación da veciñanza e dos visitantes nestas actividades.

Artigos relacionados

Back to top button