ConcellosParada de SilÚltima hora

Parada de Sil recupera o Miradoiro de Triguás

 

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, desprazábase onte ao concello de Parada de Sil, onde era recibido polo alcalde en funcións, Francisco Magide, para visitar o comezo das obras de recuperación do miradoiro de Triguás e do seu contorno, nas que Presidencia, a través da Axencia Turismo de Galicia, vai destinar 30.000 euros na súa rehabilitación ao abeiro das achegas da orde de Infraestruturas Turísticas de 2022.

O delegado territorial destacou que estas actuacións son unha mostra máis da aposta transversal da Xunta de Galicia polo turismo, “xa que actuamos en cuestións estratéxicas e de calado e tamén naquelas máis sinxelas, pero que contribúen ao embelecemento e que son moi valoradas polos visitantes”. Así, lembrou que na edición anterior desta mesma orde e axudas, o concello de Parada do Sil foi beneficiario con 30.000 euros para construír un novo miradoiro no lugar da Lama, e recuperar un dos miradoiros máis emblemáticos do concello, o de Cabezoá.

 

 

Obras previstas

As actuacións que se están a desenvolver intégranse o máximo posible no entorno natural. Trátase dun conxunto de actuacións que permitirán recuperar este espazo como miradoiro de referencia no territorio así como recuperar un ben de interese turístico como a ermida de Triguás e conectar este lugar coa ruta BTT “Circular Parada de Sil” que forma parte do Centro BTT Ribeira Sacra que forma parte da rede de Centros BTT Galicia dependente da Axencia de Turismo de Galicia.

Así, realizaranse traballos de restauración da caseta de madeira como elemento turístico vinculado ao miradoiro: reposición da cuberta e do solo, reposición da fachada traseira e eliminación do graffiti existente.

Unha vez acometidos os traballos de restauración de parte do muro de pedra frontal da ermida, aproveitaranse dous dos bancos de pedra existentes no entorno para creación de un espazo panorámico interpretativo das características como espazo “startlight” de
referencia do concello.

Finalmente sinalizarase unha derivación dentro da ruta BTT “Circular Parada de Sil” que permita visitar este espazo aos usuarios do Centro BTT Ribeira Sacra.

Artigos relacionados

Back to top button