CulturaCulturaEducaciónGalerías de fotosÚltima hora

Paraugas contra a violencia de xénero no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa do Barco

 

Este ano no CEIP Plurilingüe Condesa de Fenosa, no Barco de Valdeorras, quixeron conmemorar o 25N, Día Internacional da Eliminación da Violencia Contra as Mulleres, adornando paraugas violetas con palabras, debuxos e símbolos que fagan reflexionar sobre a lacra social que supón a violencia machista.

 

 

Logo de varios días de traballo no que participou todo o centro escolar, o resultado foi espectacular, ao tempo que orixinal e educativo, co teito do patio cuberto de paraugas cargados de mensaxes contra a violencia.

 

 

Fotos: CEIP Condesa de Fenosa.

Artigos relacionados

Back to top button