PolíticaÚltima hora

O Parlamento acorda instar ao Central a que aumente as frecuencias do tren Ourense-Coruña

Nesta proposta de non de lei, presentada por En Marea na Comisión de Transporte, tamén acordan instar a que se equiparen todas as tarifas ferroviarias galegas
O corredor Ourense-Santiago. // Foto: Renfe.

En Marea vén de presentar no Parlamento de Galicia unha proposta non de lei na Comisión de Transportes na que se lle insta ao Goberno central unha “equiparación das políticas e modalidades tarifarias no transporte ferroviario en todo o territorio galego e a discriminación horaria”, así o explicou na mañá de hoxe, 1 de febreiro, a deputada de En Marea pola provincia, Ánxeles Cuña, en rolda de prensa en Ourense.

En concreto, esta proposición non de lei reclama que “as frecuencias con Ourense a Santiago e Coruña teñen aplicado o horario de larga distancia”, explicou a deputada, o que implica unha desigualdade territorial xa que “se un ciclista que vai dende A Coruña a Santiago quere levar a súa bicicleta, non ten que empaquetala como equipaxe, senón que a leva no compartimento habilitado, mentres que se vamos de Santiago a Ourense, si que temos que facelo”.

 

Ánxeles Cuña deu conta desta proposta non de lei no Espazo en Común de Ourense. // Foto: Carlos Asensio.

Así, esta proposta de En Marea “reclama tres cousas”, dixo Cuña: a primeira é a de “solucionar a desigualdade social e territorial e que se cumpra o principio de cohesión social” que se lle atribúe ao transporte ferroviario. A segunda é a de “esixir” ao Goberno central a “equiparación tarifaria”, neste senso Ánxeles Cuña explicou que “non pode vir determinada polo lugar de procedencia”. Neste senso dixo que “as tarifas que aplica Renfe son a 4 para Ourense e a 6 para A Coruña, por exemplo, sen que polo uso esta distinción prexudicial para Ourense teña sentido”, dixo a deputada; e, finalmente, a ampliación de frecuencias horarias entre Ourense e A Coruña.

Pola súa banda, a deputada do PPdeG, Marta Nóvoa, salientou, tras a aprobación desta proposta non de lei, que “tanto o Eixo Atlántico ferroviario como o corredor de Ourense teñen experimentado un importante aumento de usuarios dese a súa posta en marcha”. Por este motivo, dende o seu grupo e porén, dende o Goberno da Xunta, “seguiremos solicitando a Renfe que continúe coa mellora das tarifas e servizos ao ritmo que as demandas e as necesidades dos cidadáns o requiran”, apuntou.

Nese eido, asegurou que Ourense os servizos ferroviarios a Santiago e A Coruña “teñen un prezo máis elevado e, polo tanto, demandamos que se harmonicen para toda a Comunidade galega” e apuntou que “ten algunha deficiencia nas frecuencias e na súa organización”.

Sen saíres da materia ferroviaria, Ánxeles Cuña foi preguntada pola moción que o BNG vai presentar no vindeiro pleno con respecto a este tema, na que van reclamar a redución no 30% nos billetes do corredor Ourense-A Coruña; a revisión dos bonos; a ampliación de frecuencias na liña rexional Ourense-Santiago.

A deputada de En Marea aseverou que “seguramente a apoiaremos”, aínda que dixo que “faremos algunha emenda de aportación” aínda que reiterou que nesa moción “hai moitas coincidencias” entre o que reclaman.

Texto: Carlos Asensio.

Artigos relacionados

Back to top button