CulturaEducaciónÚltima hora

Circuíto de educación viaria no colexio de Viloira

Os alumnos do CEIP Ramón Otero Pedrayo aprenden os sinais de tráfico da man da Policía Local do Barco

O departamento de Educación Viaria da Policía Local do Barco de Valdeorras, continúa coa campaña formativa nos centros da localidade. Así, na mañá do luns 11 de maio, algúns dos membros achegábanse ata o CEIP Ramón Otero Pedrayo de Viloira para impartir unha charla a tódolos alumnos de Primaria. O significado das cores do semáforo, as sinais verticais e horizontais, os pasos de peóns,… son algúns dos puntos que, cada ano dende que o proxecto botara a andar, os policías achegan aos máis pequenos do pobo.

O programa completábase cun circuíto de karts e bicicletas que a propia Policía Local instalaba no patio do colexio na mañá do 14 de maio. Alí, sobre o terreo, e ao longo da mañá, un a un os cativos puxeron en práctiva o aprendido na charla, sempre atentos ás indicacións dos axentes.

Fotos: Carlos G. Hervella.

Artigos relacionados

Back to top button