DeportesFútbol salaRúa Valdeorras CFÚltima hora

Partido benéfico de fútbol sala na Rúa entre o equipo feminino e os veteranos do CD Rúa

Será o 30 de decembro ás 20 horas no pavillón municipal

Rúa-Valdeorras FSF./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

As competicións deportivas descansan durante o Nadal pero os equipos non, aproveitando estas datas para organizar probas con fins benéficos. É o caso do equipo feminino Rúa-Valdeorras Futsal que xunto cos Veteranos do CD Rúa, o Concello e as Voluntarias da Caridade, organizarán un partido de fútbol sala solidario.

 

 

Será o vindeiro sábado 30 de decembro ás 20h. no pavillón municipal e a entrada para velo será 1 kg de comida, preferiblemente leite, azucre, aceite e produtos navideños.

As rapazas do Rúa Futsal enfrontaranse aos veteranos nun interesante partido con fins solidarios ao que convidan a asistir.

 

Veteranos do CD Rúa./ Foto cedida.

Artigos relacionados

Back to top button