CulturaCulturaMúsicaÚltima horaVídeos

Pasarrúas da Charanga Terrras do Bibei polas rúas do Barco

 

En plenas Festas do Cristo 2022, a música enchía as rúas do Barco de Valdeorras na mañá deste luns 12 de setembro. Dende as 11 da mañá o festivo son da Charanga Terras do Bibei envolvía cada recuncho da vila convidando aos viandantes a botar un baile.

O programa festivo continuará pola tarde co parque de xogos á beira do río a partir das 18 horas e a inauguración da exposición en homenaxe a Luis Nogueira ás 20 horas na Sala Abanca.

O baile, cun pase único a partir das 20:30 horas correrá hoxe a cargo da orquestra Magos.

Fotos: Mónica G. Bellver/ A.R.
Vídeo: O SIL.

 

 

 

 

Artigos relacionados

Back to top button