
Dende a noite do sábado 9 de marzo permanece pechada ao tráfico a estrada OU-0751 dende As Ermitas (Concello de O Bolo) ata Soutipedre (Concello de Manzaneda) por mor dun desprendemento de pedras de grandes dimensións, tal como informan dende Protección Civil de O Bolo.
Ata a intervención de Conservación de Estradas ao inicio de semana, é necesario tomar vías alternativas. “Informaremos cando volva estar aberta”, adiantan dende O Bolo.