Péchase o ciclo de visitas guiadas “Paseos por Trives, persoas e personaxes” o 31 de agosto
30 de Agosto de 2018
A saída será ás 11:30h dende a Oficina de Turismo (Edificio Santa Leonor)Imaxe do casco antigo trivés./ Foto: Concello de Trives.
O vindeiro venres, 31 de agosto, farase a última das visitas guiadas do programa denominado “Paseos por Trives, persoas e personaxes”, que se mantiveron activas cada venres dos meses de xullo e agosto. A saída será ás 11:30h dende a Oficina de Turismo (Edificio Santa Leonor).
Trátase dun percorrido diferente e guiado pola vila, onde ademais de coñecer o seu patrimonio e pasado danse a coñecer figuras destacadas na súa historia. É un “paseo con encanto para gozar dun xeito diferente de saber do noso lugar e da nosa xente”, tal e como a definen dende o Servizo de Turismo trivés.
Para anotarse ou ampliar información: Oficina de Turismo (988 33 09 67).
Usamos cookies no noso sitio web para proporcionarlle a experiencia máis relevante lembrando as súas preferencias e repetindo visitas. Ao facer clic en "Aceptar", acepta o uso de TODAS as cookies.
Este sitio web usa cookies para mellorar a súa experiencia ao navegar polo sitio web. Destas cookies, as cookies que se clasifican como necesarias almacénanse no seu navegador, xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén empregamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como usa este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén ten a opción de optar por non recibir estas cookies. Pero a desactivación dalgunhas destas cookies pode afectar a súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría só inclúe cookies que garanten as funcionalidades básicas e as funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan ningunha información persoal.