EconomíaEconomíaÚltima hora

Pemes e autónomos de Quiroga que pecharan polas restricións recibirán unha axuda de 2.000 euros do Concello

Rúa de Quiroga.

 

Os autónomos e pequenas empresas locais que tiveron que pechar o seu negocio con motivo das medidas sanitarias adoptadas pola Xunta de Galicia pola pandemia sanitaria recibirán 2.000 € do Concello de Quiroga. Así o anunciaba o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, no transcurso da sesión plenaria celebrada o pasado venres.

Esta axuda económica forma parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga para traballadores autónomos e empresarios que tiveron que pechar os seus negocios e empresas afectados pola crise da Covid-19. A primeira parte deste plan, como recordaba o rexedor quirogués, consistiu na exención do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021 a aqueles establecementos que tiveran que pechar polas medidas sanitarias. A segunda parte deste plan municipal, a parte económica, son os dous mil € que recibirá cada establecemento.

O Concello de Quiroga asinará un convenio con Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia para colaborar economicamente con estes industriais a través do importe do Fondo de Cooperación Local que lle corresponde ao concello.

Artigos relacionados

Back to top button