Os barquenses Agustín González “Guti” e Daniel Martínez e o coruñés Xavier Queijeiro forman o colectivo cultural Pentarubias, recentemente creado co obxectivo de “crear e producir pezas de teatro” pero tamén impulsar proxectos audiovisuais.
A estrea sobre un escenario tiña lugar na tarde-noite deste domingo 24 de outbro no Centro Cultural Avenida da Rúa, onde presentaban o seu primeiro espectáculo Bailemos hasta el final de la Tierra. Unha peza duns 20 minutos de duración que mestura danza e performance, un xogo escénico cun trasfondo reflexivo sobre unha emerxencia social: o cambio climático.
Guti era o encargado de presentar tanto á asociación como á obra, dando paso a Xabi que poñía ao público en situación coma se dun mitin se tratara. A partir de aí, ámbolos dous tomaban o escenario intercalando chamativos retos que non deixaron indiferente ao público.