OurenseÚltima hora

A pequena cilindrada dos Carts chega esta fin de semana ao Barbaña

Raquel González, Jesús Vázquez e Antonio Cortés.

O Concello de Ourense vén de presentar o circuíto móbil Xirakarting, unha actividade que terá lugar desde mañá, venres 2 de xuño, até o domingo 4 nunha instalación de 1.935 metros cadrados no Parque do Barbaña. O horario de apertura ao público será de 12:00 a 14:00 horas, pola mañá, e de 16:30 a 21:30 horas, pola tarde. “Non é de sorprender que nos últimos sete anos, o xirakarting atraese máis de 60.000 persoas nas súas actividades en Ourense” celebraba o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, na presentación de hoxe, 1 de xuño, xunto a Raquel González, directora do evento, e Antonio Cortés, responsable de márqueting de GADISA, principal patrocinador do evento.

Os menores a partir de 7 anos (ou 135 cm) disporán de 7 karts junior con motor Honda de 120 cc., os maiores de 12 anos contarán con 14 bólidos con motor Honda de 200 cc. de 6.5 cabalos, mentres que para os máis pequenos, que aínda non poidan pilotar, existe a posibilidade de montar nun dos 3 karts bipraza con motor Honda de 200 cc.

O Xirakarting recupera, ademais, a captación de novos valores para o automobilismo grazas á colaboración da Federación Galega de Automobilismo (FGA), unha ponte para federarse e para poder participar na “Rookies Cup” (o Campionato Infantil de karting da FGA, para cativos de 4 a 7 anos).

Toda a información sobre o evento está na páxina web do Xirakarting.

 

Artigos relacionados

Back to top button