CulturaCulturaÚltima hora

Peregrinación dende San Miguel de Bidueira (Manzaneda) ata o Santuario das Ermidas (O Bolo), o 22 de agosto

É un dos actos conmemorativos dos 400 anos do inicio das obras

Santuario das Ermidas, O Bolo./ Foto cedida.

 

Como un acto máis da celebración do 400 aniversario do inicio das obras do Santuario das Ermidas (O Bolo), está prevista unha andaina para este xoves 22 de agosto, entre San Miguel de Bidueira (Manzaneda) e As Ermidas (O Bolo).

Trátase da “Representación da peregrinación de acción de grazas do Bispo Alonso Mejía de Tovar”, organizada polos Concellos do Bolo e Manzaneda, do propio Santuario e do Bispado de Astorga.

 

 

Ás 8 da mañá sairá un autobús dende a Área Recreativa do Bibei, nas Ermidas, que levará á xente ata o inicio da andaina, na igrexa de San Miguel de Bidueira, prevista para as 9 horas (os veciños de Manzaneda e arredores terán un autobús de volta a San Miguel unha vez rematada a camiñada).

Cun percorrido aproximado de 9 quilómetros, a ruta discorrerá por sendeiros pasando por San Vicenzo e As Escadas, cunha duración aproximada de catro horas. Haberá un avituallamento na metade aproximada da ruta e á chegada haberá un rezo no Santuario.

 

 

Artigos relacionados

Back to top button