BoxeoDeportesÚltima hora

Pesaxe pública dos púxiles que loitarán esta noite na velada de MMA, no Barco

 

Máis alá dos combates que de por si xeran unha gran expectación, as veladas de MMA que se celebran en Valdeorras son todo un espectáculo. De aí que a organización decidise, un ano ano máis, realizar a pesaxe dos púxiles que loitarán esta noite no pavillón vello do Barco, nun acto previo aberto ao público.

 

 

A partir das 20:30 horas celebrarase o MFC-051 Showdown que reunirá a un bo número de loitadores de artes marciais mixtas de clubs chegados dende diferentes partes de Galicia, de Xixón e Portugal, que se enfrontarán en case unha decena de combates amateur. Loitadores que no mediodía deste sábado 18 de abril eran pesados na terraza do Bar A Capitana, na praza José Otero, diante de numeroso público.

 

 

Nun combate de MMA cada gramo inflúe, de aí a importancia de lograr o peso óptimo para o evento, converténdose a pesaxe en todo un reclamo para os combates se celebrarán dentro dunhas horas e prometen moita animación. Por parte do Graíño Team O Barco loitarán Alejandro Méndez -63 kilos; Eder Rodríguez -71 kilos; e Felipe Morales -74 kilos, os tres adestrados polos irmáns Luis e Juan Pardo nas instalacións do Ximnasio Valsport.

 

 

Fotos: Mónica G. Bellver.

Back to top button