A xente ten ganas de Entroido. Así o demostraron os participantes no encontro organizado polo Folión de Petín que reunía na tarde deste sábado 1 de febreiro, a seis agrupacións.
O punto de encontro era o aparcadoiro do Centro Sanitario de onde, pasadas as cinco e media da tarde comezaba o desfile polas rúas desta localidade valdeorresa. Os primeiros en arrancar o son aos bombos, aixadas e gadañas eran os anfitrións o Folión de Petín, formado por numerosos cativos. De seguido, tocáballe o turno a AC Folión de Carracedo da Serra dirixido por dous Boteiros; ao Fulión da Veiga, moi numeroso; ao Folión do Tameirón; ao Folión de Chandrexa de Queixa; e por último aos Viticultores de Vilamartín que pechaban a comitiva.
Tralo paso pola praza de Petín, onde se concentraba numeroso público, a xuntanza remataba na Casa da Cultura.
Fotos: Mónica G. Bellver