ConcellosPetínÚltima horaVídeos

Petín celebra o Domingo de Pascua coa Procesión do Encontro e misa

 

No mediodía deste Domingo de Pascua, 20 de abrill, no que o a chuvia daba unha tregua, celebrábase un dos momentos máis esperados polos devotos: o encontro entre a Virxe e o seu fillo, resucitado.

 

 

Na parroquia de Petín, onde se suspendía a Procesión do Silencio na noite do Venres Santo, o acto tiña lugar coma sempre á entrada da praza Doutor Quiroga ás 13:15 horas. A imaxe da Dolorosa, á ombros das mulleres, chegaba ao encontro co seu fillo levado a ombros polos homes, mudando o mando negro de loito por un vermello e dourado. E xuntos, regresaban á igrexa parroquial seguidos polos fegreses para asistir á misa de Resurrección, a primeira co novo párrodo Daniel Pérez Quintela que leva tamén as parroquias de Santo Estevo e Fontei, na Rúa, entre outras.

 

 

Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver

Artigos relacionados

Back to top button