CulturaCulturaEntroido 2022Última hora

Petín celebrará o Entroido 2022 cunha festa infantil no Teleclub

Festa infantil de Entroido en Petín antes da pandemia./ Foto: Mónica G. Bellver.

 

Animación infantil, música, xogos e unha gran chocolatada. Son os ingredientes cos que se preparou o Entroido 2022 en Petín, coma sempre especialmente pensado para os máis pequenos.

Organizado polo Concello en colaboración con Pinchacarneira, o luns 28 de febreiro a partir das 16:30 horas, comezará a festa de Entroido no Teleclub de Petín. O chocolate será a partir das cinco e media. Importante, ir disfrazado.

 

Artigos relacionados

Back to top button