ConcellosPetínÚltima hora

Petín contará cunhas xornadas de igualdade e prevención da violencia de xénero

Terán lugar durante varios días do mes de setembro na Casa da Cultura

A Casa da Cultura de Petín contará no mes de setembro co programa de promoción da igualdade e de prevención da violencia de xénero “Re-encontros: nós mesmas”. Todas as actividades terán lugar ás 17:00 horas.

Os días 7 e 8 de setembro terá lugar un taller de saúde e benestar, destinado ao equilibrio emocional das mulleres, a autoestima, a mellora do corpo e mente e o fomento do envellecemento activo. Así, durante o 14 e o 15 haberá outro taller, neste caso sobre a xestión do tempo e a valorización dos coidados. Ademais, tamén se tocarán aspectos sobre a división sexual do traballo e a desigualdade e análise do imacto que ten para as mulleres o traballo reprodutivo á hora de atopar e manter o emprego.

 

Cartel das xornadas.

 

Por outra banda, a tecnoloxía tamén terá un oco nestes obradoiros, neste caso sobre dixitalización e uso dos móbiles. Consistirá en aprender a usar a tecnoloxía para as necesidades persoais e laborais, aprender a utilizar internet como ferramenta para atopar traballo, entre outras cousas.

A alcaldesa de Petín, Raquel Bautista lembra que este programa “é un primeiro paso para desenvolver unha política de igualdade municipal participativa que sitúe o empoderamento das mulleres no centro das actividades polo que fixo un chamamento á participación de todas”.

Para máis información e para realizar a inscrición haberá que achegarse ás dependecias municipais, ou realizar os trámites a través da web www.petin.es ou do email traballadorasocial@petin.gal.

Artigos relacionados

Back to top button