Dende hai uns anos os Reis Magos, Melchor, Gaspar e Baltasar, chegan a Petín en carros tirados polos Bois do Mario pero nesta ocasión, ante a previsión de choiva dende o Concello decidían suspender esta orixinal Cabalgata.
Así, na tarde deste domingo 5 de xaneiro as SS.MM. recibían aos cativos xa no propio Teleclub onde, tras render pleitesía ao neno Xesús no belén vivinte, atendían as petición dos cativos que un a un se ían achegando a eles, dándolles caramelos.

Con este acto Petín despedía un ano máis o Nadal.
Fotos e vídeo: Mónica G. Bellver.



