
O Concello de Petín vén de facer pública unha boa nova. Con data de 3 de maio éralles notificada a concesión dunha subvención nominativa por importe de 48.000 euros para o peche da pista polideportiva da vila, na parte de atrás do Teleclub.
Ademais das actividades deportivas que se poden realizar no concello, esa pista que xa fora cuberta no seu momento, acolle tamén cada ano a popular Festa da Freba.
Tal como avanza a alcaldesa de Petín, Raquel Bautista, a subvención inclúese nos orzamentos da Deputación para o exercicio de 2021.